![]() |
(Eu,... xa me decateí que os panos de papel: gústalles desempeñar papeis diferentes, gústalles imaxinarse nas vidas das flores.... sendo centro de miradas..., déixanse dobrar) |
Esporádica ecuación química.-
...ou pequena destilación de impertinencias.
1.-Introducción:
Unha reacción química,
ou cambio químico,
ou fenómeno químico
é
todo proceso (químico) no cal unha ou mais "sustancias" (chamadas reactivos),
por efecto dun factor enerxético ou catalizador,
transfórmanse en outras sustancias (chamadas productos)
...interaccionan.
A representación "simbólica das reaccións chámanse ecuacións químicas.
Os productos ou interaccións obtidos a partir de certos tipos de reactivos,
dependen das condicións baixo as que aconteza.
Nista ecuación:
reactivos:
persoaxes extraidos de mundos paralelos,
tempo,
microcosmos agachados en cabezas
Factor enerxético.(catalizador) .
viño,
disfraces para panos da mesa de papel...,
osadía,
impertinencia.
Produto:
risa,
inconsciencia.
2.- Exposición dos feitos
...,pois, mmm..., alí, onde aconteceu,
alí, ,no interior dun matraz ,
un matraz con nome de conto que foi e será
nome que fai viaxar no tempo....,
tódolos contos niste país comezan "nos tempos de María Castaña...",
seguro que nos tempos dela ocurrían cousas imposibles.
alí, nun matraz pétreo, que "fala galego",
niste matraz unha reacción química tivo lugar,
...casual,
os reactivos usados dispoñíanse a esquerda e dereita de mín (outro persoaxe interaccionando)
os reactivos usados,entre eles o tempo.
O viño, aquí usado como un dos catalizadores, minimiza o efecto do tempo.
Branco era a cor usada,na esquerda
a miña esquerda, quería facer un abrocho de rosa branca...
surxido dun pano de papel
podería ser usada pra unha torta de matrimonio,
alguén a dereita ía casar
alguén a esquerda comezara os preparativos, disfrazando un pano de mesa de papel,
de flor.
(Eu,... xa me decateí que os panos de papel:
gústalles desempeñar papeis diferentes,
gústalles imaxinarse nas vidas das flores....
sendo centro de miradas...,
déixanse dobrar)
...un pano de papel...logo foi unha casi rosa branca
estarricándose.
-Alguien se casa,esta es una flor de su pastel de boda..- escoitóuse a esquerda,
-¿te casas?.- interrogou o centro
-¿con quién?.-retrucou a esquerda (...admitira a posibilidadade, pero quería saber detalles da sua ignorancia)
Unha danza de ....
interseccions imaxinarias,
ousadas,
e impertinentes imposibilidades aliñadas,
divertimentos de adolescentes....
bailaban de esquerda a dereita como planetas,
xurdiron futuros choques de meteoritos e as súas aleatorias traxectorias....
....a solución, latexando no matraz,
xa sobresaturada de ideas,
de danzas de imposibilidades,
amenizada co viño cor violeta de atardecer,
precipitaba risas cristalizadas,
a densidade confería ganas de rir (¿vivir?),
a sobresaturación do soluto fixo a posibilidade de que a risa.... pague a pena,
ou non.
felisabeatrizteijeiroR, abril 2012